Pang chega a iPhone e iPod Touch
xoves, 15 de outubro do 2009
A App Store de
Apple vén de incorporar un xogo clásico dos salóns recreativos dos anos 80, Pang,
no que o protagonista debe percorrer o mundo para protexer monumentos
emblemáticos ante o ataque de pombas
saltarinas. O xogo conta con 17 ubicacións, 50 niveis, diversas armas
(ganchos e armas de fogo) e dous modos de xogo: Xira Mundial ou DesafÃo
Infinito.
O prezo de venda deste clásico
oficialmente adaptado ao iPhone e iPod Touch é de 2,39 euros, e pese
a que na súa ficha indiquen que está en inglés, atópase correctamente traducido
ao español. Tamén conserva dun xeito bastante fiel a xogabilidade do tÃtulo
orixinal pese a controlarse mediante a pantalla táctil dos terminais de Apple.
Podemos botar un ollo a este interesante tÃtulo no seguinte vÃdeo: