Os xogos 3D para PS3 están limitados a unha resolución de 720p

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Que a PlayStation 3 incorporase unha actualización en xuño que permitía que ao conectarse a consola a un televisor compatible fose posible ver os videoxogos adaptados en 3D deixaba claro que non ía poder manterse o nivel gráfico, pois para crear unha imaxe estereoscópica a videoconsola debe xerar dúas imaxes (unha para cada ollo) e agora sabemos que nas normas que pon Sony para a creación de xogos 3D na PS3 limita a súa resolución a 720p, de xeito que non poderemos ver xogos 3D a 1080p nesta xeración de consolas, pois precisarían dunha potencia de cálculo moi superior.
Sony pretende que ao limitar a resolución a 720p sexa posible que a consola sexa capaz de crear 60 imaxes por segundo, e o único caso no que a PS3 amosará imaxes 3D a 1080p será nas películas en Blu-ray, que funcionarán a tal resolución a 24 imaxes progresivas por segundo.

PUBLICIDADE