Os usuarios de PlayStation Plus recibirán en setembro o xogo Assassin’s Creed III
venres, 23 de agosto do 2013
O mes de setembro apunta moi ben para os
subscritores do servizo PlayStation Plus, pois van recibir unha boa ración de
videoxogos descargables, pero para os que aÃnda non contratasen o servizo
tamén hai que destacar que ata o 20 de setembro poderán facerse cunha promoción
especial a través da que faranse con 15 meses de subscrición por só 49,99 euros
(co engadido de que, aparte de aplicarse á PS3 e á PS Vita, a partir de
novembro tamén será compatible coa PS4).
O grande xogo que poderán descargar os usuarios de PlayStation Plus para
PlayStation 3 a partir do 28 de agosto será Assassin’s
Creed III, un dos grandes xogos de Ubisoft que traslada as aventuras dos
Assassins á Revolución Estadounidense e que marca a liña do que serán a
vindeiras entregas desta saga. Os usuarios de PS3 tamén poderán descargar a
triloxÃa completa coas aventuras de Jak and Daxter e o xogo de plataformas
e sixilo Stealth
Inc. A Clone in the Dark.
Os subscritores de PlayStation Plus cunha PS Vita tamén recibirán un xogo de
bastante peso, Urban
Trial Freestyle, que consiste en superar grandes desafÃos en
motocicleta facendo espectaculares acrobacias. O xogo que completará a oferta
do mes de setembro para a portátil de Sony será New
Little King’s Story, grande xogo de Konami no que viviremos unha grande
aventura encarnando a un rei de 14 anos de idade.
Tamén cómpre destacar que durante uns dÃas os usuarios de PlayStation Plus
poderán acceder en exclusiva á beta de Killzone
Mercenary e á demo de Puppeteer.