Os subscritores de Origin Access Premier xa poden gozar de Anthem

venres, 15 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O pasado verán Electronic Arts estreou o seu servizo de subscrición de xogos para PC chamado Origin Access Premier, que seguindo os pasos do EA Access para Xbox One, permite tanto o acceso a un bo catálogo de xogos da compañía a un prezo asumible, así como o acceso a algúns títulos en primicia, e precisamente nesta liña temos un grande exemplo hoxe, xa que os subscritores destes servizos de pagamento poden dende hoxe gozar de Anthem.
O xogo anticipado de Anthem é un tanto diferente segundo a plataforma, de xeito que mentres os usuarios de PC (que pagan 14,99 euros/mes ou 99,99 euros/ano) teñen o xogo completo, mentres que en Xbox One (con usuarios que pagan 3,99 euros/mes ou 24,99 euros/ano) a experiencia limitarase a unha proba de 10 horas.
O 22 de febreiro xa estará o xogo dispoñible para todos os usuarios de Xbox One, PS4 e PC, de xeito que poderemos coñecer esta interesante proposta de BioWare na que enfundar un exotraxe de alta tecnoloxía con poderes especiais para explorar ruínas, combater contra inimigos letais e facerse con artefactos doutros mundos.

Tráiler de Anthem

PUBLICIDADE