Os Pitufos levan o seu FarmVille a Facebook

martes, 9 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O novo xogo dos Pitufos permite construír a nosa aldea pitufa dentro de Facebook

Tras o éxito do xogo de balde (freemium) dos Pitufos para o iPad, e para contribuír á promoción da película baseada nos personaxes de Peyo que está actualmente nas carteleiras cinematográficas e o videoxogo para Wii Los Pitufos Dance Party chega a Facebook The Smurff & Co. Beta, un xogo na liña de FarmVille ou do mencionado Smurfs’ Village para iPad, que consiste en construír cogomelos nos que vivir, recoller plantas para facer pocións, recibir novos pitufos con distintas profesións... aproveitando as interaccións que permite Facebook e repetindo o concepto freemium dos seus predecesores, facilitando a adquisición de habilidades e obxectos con cartos de verdade.
Os máis cativos gozarán deste xogo de Facebook, que destaca polas súas cores e músicas, sen por en risco a integridade dun iPad en mans dos pequenos da casa (así coma do feito de que realicen pagamentos de xeito inadvertido como aconteceu co polémico xogo de iPad).

O xogo opta pola imaxe clásica dos Pitufos en vez de apostar pola súa aparencia cinematográfica (en 3D)

PUBLICIDADE