Obama anúnciase no videoxogo Burnout Paradise
martes, 14 de outubro do 2008Algúns usuarios
do xogo de carreiras Burnout Paradise
para Xbox 360 detectaron
nos pasados dÃas que nas pancartas publicitarias que aparecen nas
rúas virtuais inclúe anuncios promovendo a candidatura de Barack H. Obama á
presidencia dos EE.UU., o que finalmente confirmou a directora de comunicación
corporativa de Electronic Arts, Holly Rockwood.
A voceira de EA declarou
a GigaOM que «como a meirande
parte das canles de televisión, cadeas de radio e medios impresos, aceptamos
anuncios de candidatos polÃticos» o que non quere dicir que a empresa de
videoxogos teña algunha tendencia polÃtica ou relación cos partidos que
anuncie.
De todos os xeitos resulta curioso que os responsables da campaña de Obama
empreguen os videoxogos coma medio, pois o polÃtico nun dos seus discursos en
Ohio asegurou que «Investirei en
educación. Asegurarémonos de que o Goberno ampare ás escolas. Pero iso non
servirá para moito se os pais non apagan os televisores e afastan os videoxogos
para facer que os nosos cativos fagan os seus deberes». Parece que a
mensaxe que quere lanzar o polÃtico é un tanto contraditoria.