O novo iPhone económico terÃa pantalla LCD e cámara traseira simple
xoves, 6 de setembro do 2018
Dentro da vaga de filtracións sobre os futuros iPhone que
presentaranse a semana que vén por fin chegan detalles sobre o que serÃan os
móbiles máis económicos: os considerados como sucesores do iPhone SE (versión
económica do iPhone 6s). Falamos de novos iPhone que en vez de ter pantalla
OLED contarÃan con pantalla LCD de 6,1 polgadas e traseiras de cores. E
precisamente a última filtración refÃrese ás traseiras, xa que en vez de optar
polas tradicionais cores negra e prata, estarÃan
dispoñibles en vermello, azul ou branco (aÃnda que hai fontes que falan de
prototipos en bastantes máis cores).
A imaxe filtrada tamén deixa ver que o novo teléfono terÃa unha cámara traseira
sinxela, polo que poderiamos entender que ese serÃa o seu grande compromiso
para poder conseguir que o seu prezo baixe até uns rumoreados
799-809 euros, en vez dos 1.149 euros que de lanzamento tiña o iPhone X.