O iPhone XS poderÃa custar 919 euros
xoves, 6 de setembro do 2018
A poucos dÃas da presentación dos novos iPhone, e tras
varias filtracións, chegan
agora informacións sobre os prezos que poderÃan ter en Europa os novos
trebellos de Apple, contrastadas por Macerkopf, e que semellan unha boa
nova para os amantes dos produtos da mazá, xa que os 3 modelos de móbil que
chegarÃan este ano manterÃan os mesmos prezos que os do ano pasado, pero cunha
diferenza substancial: desta volta o modelo que terá dúas versións será o
superior.
Deste xeito, ao igual que os iPhone 8, 8 Plus e X custaban 799, 909 e 1.149
euros respectivamente en Alemaña (809, 919 e 1.159 euros en España), o novo
iPhone económico con pantalla LCD, o
iPhone XS e o iPhone XS Plus terÃan eses mesmos prezos, de xeito que o sucesor
do iPhone X xa non terÃa un prezo base superior aos 1.100 euros, senón que
quedarÃan un pouco por enriba dos 900 euro, quedando por debaixo da barreira
psicolóxica dos 1.000 euros.
Lembremos que o iPhone XS serÃa o sucesor do iPhone X, cunha pantalla de 5,8
polgadas, mentres que o modelo Plus terÃa unha pantalla de 6,5 polgadas. Cómpre
salientar que os prezos de referencia corresponden a móbiles con 64 GB de
almacenamento, habendo tamén versións superiores con 256 GB de capacidade, cantidades
que non sorprenderÃa que aumentasen, comentándose que poderÃa incluso haber un
iPhone XS Max con 512 GB de capacidade (en boa medida para poder enfrontarse co
Samsung Galaxy Note9, que ten modelo con 512 GB de almacenamento ampliable con
tarxetas de memoria de até outros 512 GB, converténdose no primeiro smartphone
do mercado que pode equiparse con 1 TB de almacenamento).