O novo Tomb Raider estrea trailer

luns, 6 de xuño do 2011 Marcus Fernández

No trailer podemos ver a nova aparencia que presenta Lara Croft no seu novo videoxogo

Co gallo da feira de videoxogos E3 que terá lugar esta mesma semana Crystal Dynamics estreou o trailer de Tomb Raider, videoxogos que pretende reescribir a historia de Lara Croft para reanimar a súa saga de xogos que supera os 14 anos.
Na nova aventura meterémonos na pel dunha Lara Croft con 21 anos e con pouca experiencia, que en vez de andar na procura de tesouros arqueolóxicos deberá sobrevivir a duras condicións tras o naufraxio do barco no que viaxaba.
O novo trailer non amosa realmente cómo será este videoxogo, senón que está composto por escenas cinemáticas que nos introducen á súa historia, dando a entender que estaremos ante un título no que haberá que progresar paulatinamente, para rematar cun personaxe coas habilidades ás que estamos afeitos. Por desgraza aínda haberá que agardar ao outono de 2012 para ver este xogo que está a desenvolverse para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.


Primeiro trailer do novo Tomb Raider

ACTUALIZACIÓN: Durante a conferencia de Microsoft do E3 puideron verse imaxes do xogo en acción: