O clásico Castle of Illusion estreará remake en alta definición no verán

luns, 15 de abril do 2013 Marcus Fernández

SEGA anunciou hoxe que vai recuperar o clásico xogo de Mickey Mouse, Castle of Illusion, lanzado orixinalmente en 1990 para Mega Drive, como título descargable que dende o verán estará dispoñible no Bazar de Xbox LIVE Arcade (Xbox 360), PlayStation Network (PlayStation 3) e Steam (PC). Estamos ante a primeira entrega da saga Illusion, que desta volta reimaxinouse cunha aparencia moi atractiva e novas mecánicas xogables, mantendo a historia do xogo orixinal, no que Mickey ten que salvar a Minnie da malvada bruxa Mizrabel.
Para este novo desenvolvemento a xente de SEGA contou coa colaboración da directora do xogo orixinal, que actualmente traballa para Disney Interactive, de xeito que puideron coller moitos dos elementos que tiñan pensado introducir no xogo orixinal, pero que non se puideron levar a cabo no seu momento por limitacións técnicas.


Trailer do novo Castle of Illusion

O novo xogo contará cuns gráficos totalmente renovados

PUBLICIDADE