Metal Gear Rising: Revengeance chegará a Europa o 19 de febreiro
xoves, 16 de agosto do 2012
Afastándose
da saga de Metal Gear Solid, pero
dentro do mesmo universo que as aventuras de Solid Snake, o
19 de febreiro teremos nas tendas o agardado xogo Metal Gear Rising: Revengeance, proxecto abandonado por Kojima
Productions e retomado por Platinum Games, o que permitiu que un tÃtulo que
inicialmente parecerÃa unha historia de infiltración,
será finalmente unha aventura frenética e salvaxe segundo podemos ver no
trailer que estrearon co gallo da Gamescom.
O xogo sitúase nun futuro próximo, coa tecnoloxÃa cyborg convertida en algo común na sociedade e con numerosas
compañÃas militares privadas descontroladas tras o desmantelamento dos Patriots
e convertidas en organizacións criminais. En tal momento Raiden, de Maverick
Security, e coñecido personaxe da saga de Metal
Gear, deberá utilizar as súas habilidades marciais potenciadas ciberneticamente
para devolver a xustiza ao mundo.
Novo trailer de Metal Gear Rising: Revengeance
- Raiden empregará as súas habilidades melloradas para devolver a xustiza ao mundo