LG anuncia oficialmente o seu smartphone con pantalla curva
luns, 28 de outubro do 2013
Tras numerosas filtracións faise oficial o curioso LG
G Flex, que sairá á venda no mes de novembro en Corea do Sur, e que destaca
pola súa pantalla curva de 6 polgadas, deseñada para que o dispositivo colocado
en panorámico consiga envolver coa imaxe presentada, o que supón un
aproveitamento desta tecnoloxÃa oposto ao que fai Samsung con seu GALAXY
Round (que busca un agarre máis cómodo reducindo a distancia entre os lados
do terminal).
O LG G Flex ten unha pantalla que pese ao seu grande tamaño limita a súa
resolución a 1.280 x 720 pÃxeles, funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
800 de catro núcleos a 2,26 GHz con gráfica Adreno 330 a 450 MHz, 2 Gb de RAM,
32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 2,1 MpÃxeles, Bluetooth 4.0,
USB 3.0, Wi-Fi AC, NFC, Android 4.2.2, baterÃa de 3.500 mAh, un peso de 177
gramos e un grosor de entre 7,9 e 8,7 milÃmetros.
A curvatura deste terminal aseguran que consegue unha maior calidade do son (a
forma do terminal fai que teñamos o auricular máis pegado á orella e o
micrófono á boca, á vez que cando temos o dispositivo sobre unha superficie
lisa os altofalantes non chegan a taparse); o LG G Flex tamén herda os controis
na súa parte traseira do LG G2; e presume de facer uso dunha tecnoloxÃa auto-reparable na súa carcasa traseira,
dando a entender que será bastante resistente a rabuñaduras.
Queda
por ver se este produto terá unha distribución masiva, ou se optará por
comercializarse a xeito de proba, como fai Samsung co seu GALAXY Round.
- O LG G Flex quere aproveitar a súa curvatura para facilitar unha reprodución de vÃdeo envolvente