Samsung anuncia o primeiro smartphone con pantalla curva
mércores, 9 de outubro do 2013
Tras numerosas informacións sobre que distintos fabricantes
están a apostar pola incorporación de pantallas flexibles para os seus futuros
dispositivos chega por fin a confirmación de que Samsung vai por á venda o moi
rumoreado GALAXY Round,
que presume de ser o primeiro smartphone con pantalla curva, estando equipado
cunha pantalla Super AMOLED Full HD de 5,7 polgadas. Este novo móbil ten un
grosor de só 7,9 milÃmetros e un peso de 154 gramos, conseguindo un agarre
cómodo grazas á curvatura da súa pantalla.
O novo terminal incorpora prestacións como Roll Effect, que facilita a
comprobación de información como a data, a hora, as chamadas perdidas ou o
estado da baterÃa cando a pantalla de inicio está inactiva; ou o Gravity
Effect, que crea interaccións visuais ao inclinar o dispositivo. Durante a
reprodución musical tamén conta con Bounce UX, funcionalidade que consiste en
saltar á canción anterior ou seguinte premendo durante pouco temo as marxes
laterais da pantalla.
Pese a estarmos ante unha pantalla de grande tamaño, o deseño curvo pretende
axudar a que sexa doado empregar o móbil cunha única man, para o que o usuario
tamén pode elixir o lado ao que quere que se coloquen os seus controis
preferidos. A grande pantalla tamén pode aproveitarse para a multi-tarefa,
podendo empregar varias fiestras, incluso da mesma aplicación, o que facilita o
intercambio de contido entre as distintas ferramentas.
O Samsung GALAXY Round sairá á venda en breve en Corea do Sur en cor marrón.
Virá con Android 4.3, procesador
de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 Gb de RAM, baterÃa de 2.800 mAh e espérase
que o seu prezo estea sobre os 700 euros ao cambio.
- O deseño curvo do Samsung GALAXY Round busca conseguir un agarre confortable