HP segue a liderar a venta de servidores x86 en España
xoves, 19 de febreiro do 2009
Hewlett-Packard,
a empresa tecnolóxica de meirande presenza a nivel internacional dentro do seu
sector, vén de demostrar unha vez máis que segue en primeira liña de mercado en
canto a servidores
x86 se refire, ao acadar en España unha cota de mercado do 51,5 por cento
en unidades subministradas no cuarto trimestre de 2008.
O competidor que máis se aproxima a HP neste tipo
de servidores está moi lonxe de superar esta cota de penetración, estando a
rentes do 21 por cento das ventas, segundo os datos da consultora tecnolóxica
IDC, correspondentes ao cuarto trimestre de 2008.
Isto significa que un de cada dous servidores x86
que se venden no noso paÃs levan o selo de HP o que supón para a compañÃa obter
unha cota de mercado de máis do cincuenta por cento.
A consultora vén de anunciar asemade, que das
29.820 unidades de x86 vendidas en España, 15.344 corresponden a HP, o que
representa máis que a suma do resto de tódolos fabricantes xuntos.