Guitar Hero podería incorporar micrófono e máis instrumentos seguindo os pasos de Rock Band

martes, 22 de abril do 2008 Marcus Fernández

Kelly TipperQueen Law-Yone tocando a guitarra virtual xunto a Gene Simmons

Pese a que Rock Band aínda non chegou a Europa, o éxito que está a acadar nos EE.UU. podería levar os responsables de NeverSoft a incorporar novas funcións ao futuro Guitar Hero IV. Espérase así que o xogo inclúa voz e máis instrumentos (o título de Harminix funciona con guitarra, batería e micrófono).
Moitos consideran que Guitar Hero aínda é superior a Rock Band no tocante ao uso da guitarra eléctrica, polo que de actualizar o xogo con novos instrumentos podería supor unha competencia digna para Rock Band.
As novas prestacións aínda non se sabe cando chegarían (aínda que non parece que se vaian a desenvolver a tempo para Guitar Hero: Aerosmith, que sairá nun par de meses) pero queda claro que este tipo de xogos continuarán a evolucionar en vista do seu éxito.
O propio xerente de Activision, Robby Kotick, admite que están impresionados con esta saga polo seu xeito de chegar a un público moi diverso, do que o 40% son mulleres, e incluso chega a cativos que «sen saber quen son Aerosmith» tocan a súa música no xogo.

PUBLICIDADE