God of War chegará a PS4 o 20 de abril
martes, 23 de xaneiro do 2018
Un dos grandes xogos exclusivos para PlayStation 4 previsto
para a primeira metade do ano, God of War,
por fin ten unha data de lanzamento concreta, e aÃnda que habÃa esperanzas de
que puidese ver a luz no primeiro trimestre de 2018, finalmente non
chegará ás tendas até o 20 de abril, estando dispoñible en varias edicións
atendendo asà as ansias coleccionistas dos seareiros de Kratos.
A edición básica do xogo en Blu-ray terá un prezo recomendado de 69,99 euros, o
mesmo que a edición dixital deluxe, ou
sexa, que a
compra en dixital recibirá numerosos contidos descargables adicionais para
equipar aos personaxes do xogo.
A edición limitada chegará a un prezo de 79,99
euros cun disco Blu-ray co xogo en caixa metálica, un libro de arte e tres contidos
dixitais exclusivos, mentres que os máis fieis seareiros do Deus da Guerra
terán que aboar 149,99 euros se queren facerse coa edición coleccionista que
incluirá o xogo en caixa metálica, un cómic dixital, un libro de arte dixital,
contidos descargables adicionais, unha litografÃa exclusiva, un mapa de tea, un
par de figuras dos irmáns Huldra de 2 polgadas e unha impresionante estatua de
Kratos e Atreus de 9 polgadas.
Lembremos que esta nova aventura de Kratos non será como ás que estamos
afeitos, pois desta volta afástase da mitoloxÃa grega para somerxerse na nórdica,
e o protagonista estará acompañado polo seu fillo Atreus, o que supón un cambio
de narrativa e mecánicas de xogo moi importantes, como denotará o feito de que
o protagonista do xogo non poida saltar nesta entrega que poderÃa marcar o
punto de partida dunha saga de éxito.
O novo God of War adopta unha
estética propia da cámara en man, achegando moito a acción, de xeito que
poderemos ver de xeito máis detallado a brutalidade dos combates contra
monstros, criaturas e mesmo deuses.
Novo tráiler de God of War que presenta a historia deste traballo de Santa Monica Studios