God of War: Ascensión tará edicións especial e de coleccionista

xoves, 11 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A edición para coleccionistas de God of War: Ascensión incluirá unha figura de Kratos

Ata o 13 de marzo non chegará ás tendas o videoxogos God of War: Ascensión, pero dende Sony queren ter sobre aviso aos incondicionais das aventuras do guerreiro espartano Kratos, e adianta que terá unha modesta edición especial e unha impresionante edición de coleccionista, que agradecerán moitos usuarios da PlayStation 3 que postos a mercar unha edición física dun xogo queren que tal adquisición pague a pena.
A Edición Especial entrega o xogo nunha caixa metálica incluíndo un bonus de dobres XP para o modo multixogador, a banda sonora do xogo (en formato descargable), o tema dinámico para PS3 e un lote de avatares, mentres que a Edición Coleccionista é moito máis ambiciosa, incluíndo tamén os contidos anteriores, pero engadindo unha figura de Kratos de 20 centímetros de alto e o lote multixogador de Heroes Mitolóxicos.

PUBLICIDADE