Forza Horizon 4 chega anticipadamente na súa versión Ultimate
venres, 28 de setembro do 2018
O xogo
de condución Forza Horizon 4
ten previsto o seu lanzamento para o vindeiro martes, pero os xogadores máis partidarios
da saga, que se fixeran coa súa Edición
Excepcional, que inclúe numerosos contidos adicionais, poden gozar xa
deste agardado tÃtulo dende hoxe mesmo. Cómpre salientar que este tÃtulo está
incluÃdo no programa Xbox Play Anywhere, ou sexa, que quen compre a súa edición
dixital para Xbox One tamén poderá empregar o xogo en ordenadores persoais con
Windows 10.
Forza Horizon 4 incorpora estacións
dinámicas nun mundo aberto compartido, conta cun catálogo de máis de 450 coches
e incorpora soporte de 4K e HDR, de xeito que os usuarios cos equipos e consolas
máis potentes poderán experimentar o xogo cun nivel gráfico moi detallado,
reflectindo con grande realismo as paisaxes da Gran Bretaña histórica na que se
ambienta o xogo.
Tráiler de Forza Horizon 4