Fortnite poderÃa chegar en breve a Nintendo Switch
venres, 1 de xuño do 2018
Dende que conta con modo battle
royale o xogo Fortnite
converteuse no fenómeno da tempada, cun impresionante éxito en ordenadores persoais,
Xbox One, PlayStation 4 e iOS, que fai que os usuarios de Android estean
impacientes de recibir o xogo (previsto para
a súa plataforma no verán), pero esta non serÃa a última plataforma á que
chegarÃa o xogo, xa que parece moi probable que durante a feira E3 anuncien o
lanzamento do xogo para Nintendo Switch, xa que o
xogo vén de aparecer listado nunha páxina web de cualificación de xogos en
Corea do Sur.
Realmente a conversión de Fortnite a
Nintendo Switch non é ningunha sorpresa, xa que se o xogo pode adaptarse a un
teléfono resulta bastante evidente que unha versión para a última consola de
Nintendo era só cuestión de tempo, polo que agora o que queda por saberse son
as condicións de tal posible lanzamento. Cando chegará ao mercado? Estará
dispoñible só en formato descargable? Probablemente nunha semana sairemos de
dúbidas.