Fortnite celebrará un torneo exclusivo para móbiles
xoves, 26 de agosto do 2021
Samsung
anunciou hoxe que o vindeiro domingo terá lugar o Fortnite
Galaxy Cup 2.0, un torneo do célebre Fortnite que será exclusivo
para dispositivos Android, e permitirá conseguir un novo atavÃo exclusivo e
outros elementos cosméticos.
A Copa Galaxy 2.0 de Fortnite desenvolverase co modo de tempo limitado
Arsenal Solos e constará dunha única sesión de 3 horas de duración, na que cada
xogador poderá participar un máximo de 25 partidas, cada unha cunha duración de
entre 10 e 13 minutos. Os xogadores obterán 7 puntos por vitoria, 1 punto por
cada xogador eliminado e 1 punto por cada partida xogada.
Esta competición busca fomentar o uso de dispositivos móbiles entre os
xogadores, animándoos
a probar sorte e descubrir un novo xeito de xogar dende os seus dispositivos
Samsung Galaxy aproveitando que Fortnite está presente na Galaxy
Store.