Fíltranse varios temas que poderían estar incluídos en Rock Band 2

mércores, 2 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Listaxe de cancións aparecida durante un avance no programa X-Play

O anuncio do xogo Rock Band: Opening Act para setembro na súa edición de Xbox 360 está a causar bastante expectación, e os afeccionados aos xogos musicais están atentos a todo canto detalle sae sobre os mesmos, decatándose que durante a emisión dun vídeo sobre o novo xogo no programa X-Play da canle norteamericana G4 se colou unha imaxe na que se podían ler os títulos de varios temas musicais que poderían estar presentes na segunda entrega de Rock Band e que serían os seguintes:
- Pannic Attack de Dream Theater (ou Finger Eleven)
- Chop Suey de System of a Down
- Give It Away dos Red Hot Chili Peppers
- Everlong de Foo Fighter
- Kids In America de Kim Wilde
- Ace of Spades de Motörhead
- Hello There de Cheap Trick
- Anyway You Want It de Journey
- Pinball Wizard dos The Who
Parece así que a nova entrega de Rock Band terá unha sólida oferta musical, volvendo a apostar por temas bastante coñecidos, agardándose que no E3 se dea a coñecer a listaxe completa de cancións incluídas de serie.

PUBLICIDADE