FÃltranse imaxes do futuro Pixel 5a
luns, 16 de agosto do 2021
Os
móbiles insignia de Google levan un tempo sen comercializarse en España, onde
temos que conformarnos coas súas versións económicas, de xeito que non temos
Pixel novo dende a
chegada do Pixel 4a en outubro do ano pasado, sendo unha incógnita se
veremos algún dos modelos
de Pixel 6 que chegarán no outono. Pero o que si parece máis que probable é
que vaiamos poder gozar do Pixel 5a, que estarÃa a piques de ver a luz, e
incluso xa
se atoparon unidades nunha tenda de reparacións anticipándose ao lanzamento
oficial que poderÃa ter lugar esta mesma semana.
Polo que puido verse, o Pixel 5a 5G compartirÃa o deseño do Pixel 4a 5G, ou
sexa, que o máis normal serÃa que o novo móbil substituÃse de xeito natural ao
anterior, mantendo un prezo axustado e unha cámara que consegue disparar
grandes fotografÃas grazas ás optimizacións do seu software. As imaxes
filtradas si amosarÃan un detalle que farÃa que este móbil fose moi superior ao
modelo anterior, xa que a súa baterÃa terÃa unha capacidade de 4.680 mAh, cando
o Pixel 4a ten unha capacidade de 3.140 mAh.