Estréase a primeira tenda de comics dixitais española
luns, 11 de abril do 2011
Hai preto dun ano presentábase no Saló del Cómic de Barcelona Koomic,
coa promesa de converterse na primeira tenda española dedicada exclusivamente á
venda de cómic dixital, e agora, cun preto dun ano de retraso, esta nova
plataforma ve a luz hoxe con 25 tÃtulos no seu catálogo, ao que pode accederse
tanto dende a súa páxina web (onde tamén permiten a descarga das obras nun
formato protexido coa tecnoloxÃa de Adobe Digital Edition) como a través dunha aplicación para
iPhone/iPod Touch e iPad (está en preparación unha versión para Android),
con prezos que van ata os 4,99 euros, o que supón un aforro máis que
considerable con respecto á súa edición impresa (no caso de existir).
Sorprende que mentres os libros en formato electrónico só teñan un desconto
aproximado do 20%, no caso de Koomic podemos ver obras cunha rebaixa de entre o
25 e o 82%, coa posibilidade de abrir a distribución a comics que nunca viran a
luz en papel.
Esta tenda de comics dixitais en español tivo que facer fronte a moitos
atrancos no seu proceso de creación, pois as negociacións coas distintas
editoriais (Astiberri, Azake Ediciones, Diábolo Ediciones, Dib-buks, Dolmen
Editorial, Edicions de Ponent, FunHunter, Inrevés Edicions…) e a elaboración da
aplicación para iOS cun formato de
lectura viñeta a viñeta (como fan
editoras grandes como DC e Marvel), pero unha vez estreada esta plataforma
supón un antes e un despois para a edición de comics en España.
Koomic
promete novidades semanais, continuando as series iniciadas, incorporando
novas obras e prometendo que en breve
contarán no seu catálogo cos mellores comics de Panini (compañÃa que edita
en papel os comics da Marvel e doutras importantes editoriais norteamericanas e
xaponesas) en formato dixital.
Para que os interesados poidan facer un achegamento a esta plataforma, Koomic estréase ofrecendo 4 comics de
balde, e sorteando 10 vales de 20 euros cada un entre as persoas que fagan
un seguimento de Koomic en Facebook
ou Twitter. Tamén contan cunha canle en YouTube con
entrevistas e titoriais sobre o uso da súa
plataforma.
O pagamento dos comics adquiridos en Koomic pode facerse mediante PayPal,
tarxetas de crédito ou saldo Koomic (que pode recargarse mediante cupóns) no
caso de acceso vÃa web, mentres que na aplicación para iOS faranse os
pagamentos a través de iTunes.
Anuncio de Koomic
