Este mes teremos a segunda beta do multi-xogador de Street Fighter V

mércores, 7 de outubro do 2015 Marcus Fernández

O xogo Street Fighter V continúa avanzando no seu desenvolvemento, e xa anuncian que entre os días 22 e 25 de outubro terá lugar a súa segunda beta, na que o elemento máis salientable que vai pórse a proba é que será posible que combatan entre si xogadores de PC e PS4, característica inédita no modo en liña desta franquía.
Pero non só poderemos probar o xogo interplataforma de Street Fighter V, senón que tamén se ampliarán os loitadores dispoñibles (incorporando a Ken, Necalli, Vega e R. Mika) e incluso é posible que durante a beta se incorporen os loitadores Rashid e Karin. Para que realmente esteamos ante unha experiencia de proba, na beta non estarán dispoñibles Ryu, Chun-Li, Cammy, Birdie, Nash e M. Bison, personaxes presentes na anterior beta do multi-xogador.
O sistema tamén contará cun matchmaking que emparelle a xogadores con habilidades semellantes; os rakings cos mellores xogadores serán globais; poderanse ver o que están a facer outros loitadores e comprobar os seus perfís; e durante a beta tamén poderán gastar o seu Fight Money en contidos que poden considerar interesante e que só permanecerá durante esta beta, pois os datos en liña da beta non se conservarán na seguinte beta nin no xogo final.
Os usuarios que xa gozaron da anterior beta poderán seguir facéndoo, mentres que o resto de usuarios de PS4 tamén poden solicitar súa incorporación á fase de proba.

Curioso tráiler de Street Fighter V no que presentan a un dos seus novos personaxes, Laura, que non só substituiría o rol do clásico Blanka, senón que no escenario de Rio de Janeiro tamén sorprenderían mudando o Cristo Redentor de Corcovado polo trofeo da FIFA

PUBLICIDADE