EntreActores.com, unha guía audiovisual de pago para actores e actrices

martes, 31 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Videobook da actriz Nerea Barrios

Actores, representantes, directores e produtores poden apoiarse na Rede para o seu traballo con servizos coma EntreActores, que permite ós intérpretes a creación dunha páxina web propia na que publicar unha ficha artística, os seus datos de contacto, unha galería fotográfica e un vídeobook, de xeito que se facilita a súa contratación. Os propios representantes poden incluír tamén a súa carteira de actores, e os directores e produtores poden acceder a toda esta información para facilitar a contratación de profesionais para as súas películas e series de televisión.
O servizo é de pago para actores e representantes, ofrecendo o servizo en modalidade básica e premium, e na actualidade amosa un catálogo de actores e actrices dispoñibles en Madrid e Barcelona, que nalgunhas ocasións participaron en series de televisión españolas coma Hospital Central ou El Internado.

PUBLICIDADE