En menos dun mes CityVille supera a FarmVille en Facebook
martes, 28 de decembro do 2010
Os xogos de Facebook son todo un
fenómeno baseado en mecánicas sinxelas que aproveitan a viralidade das plataformas sociais para engadir certa adicción aos
seus usuarios, o que levou a Zynga a converterse nunha das compañÃas de
desenvolvemento de videoxogos máis importante do mundo, principalmente por ter
desenvolvido FarmVille, a popular Granxa
de Facebook, que vén de perder o seu liderado grazas á aparición doutro
produto da mesma compañÃa, CityVille,
que en
menos dun mes conseguiu converter no xogo máis popular en Facebook.
Neste momento FarmVille ten 57,2 millóns de usuarios activos, mentres que
CityVille chega aos 69,9 millóns, polo que a súa vantaxe é significativa, aÃnda
que non podemos esquecer que non é a primeira vez que un xogo supera
efemeramente a FarmVille, polo que a prudencia chama a agardar unhas semanas
para comprobar se de verdade esta mestura de FarmVille con SimCity poderá
consolidar a súa posición (de feito, no último dÃa FarmVille congregou a uns
poucos máis usuarios que CityVille).
Os interesados neste fenómeno poden acudir a Gamasutra, onde publican
un artigo que procura explicar o inesperado éxito de CityVille, o que demostra
que dende Zynga coñecen a fórmula do trunfo en Facebook.