En 2007 vendéronse máis de 1.000 millóns de móbiles no mundo
xoves, 28 de febreiro do 2008
Dicir que a industria dos móbiles está a vivir un bo momento e que seguirá a facelo non é precisamente amosar grandes dotes de adiviñación. Polo menos, non máis dotes ca un recoñecido bruxo que dixo que o século XXI Ãa ser un século de violencia e maldade. Porén, e volvendo ó tema dos teléfonos, nunca está de máis que veña un estudo e nos disipe as posibles dúbidas sobre o seu éxito no mundo, dúbidas que teñen que ver co seguinte: se todos temos xa móbil, poderá seguir medrando a industria que os fabrica? Pois ben, si que pode, e tanto: en 2007, superou a liña dos 1.000 millóns de trebellos comercializados.
Hai que ter en conta dous detalles. Por unha banda, temos unha febre de renovación nunca vista antes con ningún aparello (case semella que devecemos por que o noso terminal comece a dar problemas, para ter un pretexto axeitado para trocalo por outro). Pola outra, hai un dato salientable no que cómpre deterse: non somos o condenado centro do mundo, e hai paÃses que están en desenvolvemento nos que aÃnda non se afianzou esta mellora (ou non mellora, depende de como se vexa) na comunicación.
O caso é que eses son (entre outros) os dous grandes motores do tirón dentro do sector, que posibilitou a venda de exactamente 1.150 millóns de móbiles en 2007, segundo di a consultora Gartner, significando esta cifra un aumento do 16% con respecto ós números de 2006.
Os paÃses onde máis se experimentou esta subida foron China e India, dous xigantes que levan ano abrÃndose paso no mercado de produción e venda de aparellos tecnolóxicos. Polo que respecta a paÃses un pouquiño máis avanzados na cuestión dixital (aÃnda que nos últimos tempos, China e India xa case se poderÃan situar entre o máis avanzado), o que máis turra da maquinaria da industria do móbil é a teima dos seus cidadáns polos GPS, as pantallas táctiles ou as cámaras de alta resolución.
No que se refire ó ranking de marcas, na fronte da clasificación segue a estar Nokia, con 435 millóns de terminais vendidos. No segundo posto temos a Samsung, que se fixo cun 13,4% do pastel e no terceiro a Motorola, que vendeu o 11,9% de todo o vendido.
Sexa como sexa e malia estes bos resultados, é de agardar en breve unha certa desaceleración do mercado dos celulares, sobre todo en canto se saturen dunha vez por todas os mercados de EE UU e Europa.
