empresas
ViaGalicia conclúe a fase de aceleración da súa sexta edición
A aceleradora da Zona Franca de Vigo, ViaGalicia, concluÃu hoxe a fase de aceleración dos 10 proxectos que participaron na súa sexta edición. Deste xeito, desde o nacemento desta iniciativa xa foron aceleradas 79 startups, das que un 80 por cento seguen en activo e crearon máis de 400 postos de (...)
Ler máisLes Corts Valencianes estrean portal desenvolvido por Balidea
Entre as novidades tecnolóxicas máis relevantes da tempada en materia de administracións e servizos electrónicos figura o lanzamento recente do novo portal de Les Corts Valencianes, un portal que ten o obxectivo de achegar respostas concretas ás demandas de información e servizos da cidadanÃa, ao tempo que pon en xogo elementos activos de transparencia e (...)
Ler máisVitae convoca un curso para converter as reunións de traballo en áxiles e produtivas
Entre as numerosas accións formativas que ten programadas a consultora galega Vitae para este outono, todas elas co nexo común de facernos avanzar como profesionais dos sectores máis estreitamente ligados á innovación, figura un curso directamente encamiñado a mellorar nas xuntanzas de traballo os parámetros de eficiencia, eficacia e rendibilidade. Estamos a (...)
Ler máisBalidea colaborou co congreso solidario c0r0n4c0n
Boa parte das nosas empresas TIC están a pór cadanseus gran de area para mitigar as consecuencias da pandemia COVID-19. Por exemplo a compostelá Balidea, que, segundo puidemos saber este mes de abril, foi patrocinadora de c0r0n4c0n, o Congreso de Seguridade Informática, organizado en urxencia pola comunidade hacker de España e desenvolvido integramente (...)
Ler máisChega a 25 edición do curso de xestión de proxectos áxiles de Vitae
Este mes de marzo, Vitae Consultores achéganos a nova entrega dun dos seus cursos máis referenciais, tanto polo número de ocasións en que ten sido celebrado, como polo interese xerado entre os nosos profesionais das novas tecnoloxÃas e da innovación, un interese que non decae, en boa medida porque lles subministra un xeito rápido, actualizado e eficaz de (...)
Ler máisAltia emprestará servizos de consultorÃa TIC á Axencia Europea de Medio Ambiente
A compañÃa galega Altia vén de ser elixida pola Axencia Europea de Medio Ambiente para abordar a posta en marcha definitiva e real de Reportnet 3.0, un proxecto dirixido (nas súas liñas xerais) a substituÃr os informes enviados por correo postal polo correo electrónico. Reportnet 3.0 atópase neste intre nunha primeira fase de desenvolvemento, centrada no deseño (...)
Ler máisVitae Consultores prepáranos para a obtención do certificado PMP
Vitae Consultores vai organizar os vindeiros unha actividade formativa que nos adestra con vistas á obtención do certificado PMP, un recoñecemento que acredita a nosa capacidade para levar todo tipo de proxectos tecnolóxicos e innovadores a bo porto. Para quen non o saiba, PMP son as siglas de Project Management Professional (Profesional en Dirección de (...)
Ler máisAltia encargarase da administración de sistemas da plataforma de elearning da Universidade do PaÃs Vasco
A Universidade do PaÃs Vasco (UPV) confiou á empresa galega Altia, referente en novas tecnoloxÃas, o servizo de soporte 24x7 da súa infraestrutura de educación online. O anuncio foi dado hai uns dÃas, coincidindo co pleno proceso de desescalada e, polo tanto, cunha marcada e integral aposta pola teledocencia a todos os niveis: un tipo de educación que pode (...)
Ler máisBalidea optimiza o ecosistema web do Concello da Coruña
Nun mundo no que a dixitalización non para de crecer, a comunicación entre as administracións públicas e as persoas usuarias debe ser clara e concisa. Non é estraño atoparse portais web nos que a información está a demasiados pasos (ou clics) da persoa. Tampouco axuda que, por mor desa dixitalización, cada vez son máis os procesos, solicitudes ou outro tipo de (...)
Ler máisAdamo levará Internet de alta velocidade a máis de 76.000 fogares da provincia de Lugo
A operadora Adamo vén de facer balance dos seus plans para dotar de cobertura de Internet de alta velocidade aos concellos e ao rural de Lugo. Segundo fai saber no seu reconto, máis de 76.000 fogares da provincia terán Internet de alta velocidade instalado por Adamo en dous anos. A dÃa de hoxe, a compañÃa de telecomunicacións xa proporciona sinal a 50.000 (...)
Ler máis0 | ... | 760 | 770 | 780 | 790 | 800 | 810 | 820 | 830 | 840 | ... | 880
