ElPais.com presaxia un “sonoro fracaso” da folga convocada polos usuarios de Tuenti

venres, 6 de marzo do 2009 Raquel Noya

As redes sociais seguen a dar que falar entre a comunidade internauta nacional e internacional que observan con impotencia como, sobre todo, Facebook e Tuenti, anuncian contínuos cambios nos seus termos de uso, entre outras cousas, que os “perxudican” como usuarios.
Din as estatísticas que o 74 por cento dos internautas españois usa redes sociais e deles, 5,6 millóns pertencen a Tuenti, a comunidade máis importante e con maior número de usuarios rexistrados no noso pais, que agora semellan estar un tanto anoxados coa web social.
Segundo anuncia hoxe El País, os usuarios de Tuenti veñen de convocar unha folga para o vindeiro mes de abril como “xeito de presión para cambiar unha das cláusulas do contrato que os vincula ao servizo”.
A concentración está convocada para o vindeiro día 15 de abril e ten como principal obxectivo, “esixirlle aos administradores de Tuenti que eliminen ou enmenden unha das cláusulas dos termos de uso do servizo en virtude da cal se cede en exclusiva á web e que permite anunciar aos contacto, acontecementos de interese”.
El País anunciaba a máis de 100.000 persoas apoiando a movilización máis poñía en dúbida o éxito da folga ao afirmar que “a inmensa maioría dos comentarios deixados polos usuarios na páxina que convocaba o evento apuntaban non entender nada ou crer que se trataba dunha tontería”.

PUBLICIDADE