EBF prepárase para iniciar o seu mestrado de creación de videoxogos na Coruña
martes, 23 de outubro do 2018
European Business Factory confirma que o vindeiro 26 de
outubro abrirá as portas á primeira promoción do primeiro mestrado en creación
de videoxogos na Coruña, estando aÃnda aberta a matrÃcula ao mesmo até o 7 de
novembro (quedando 3 prazas libras).
O Mestrado de Ideación, Deseño,
Desenvolvemento e Venda de Videoxogos na Coruña formará durante un ano
sobre desenvolvemento de videoxogos, deseño artÃstico, xeración de ideas,
marketing e empresa a través da innovadora metodoloxÃa KAOSPILOT. Pretedne que
os participantes comecen sendo alumnos e remate desenvolvendo o seu primeiro
videoxogo como un estudio tutelado polos profesores que converterase no seu
traballo de fin de mestrado.
Este mestrado está dirixido a persoas que queiran somerxerse na industria do
videoxogo, para o que combinarán formación sobre a historia dos videoxogos, o
desenvolvemento con Unreal Engine, guión, música, Game Design, Maya, Z-Brush,
marketing e empresa en horario de fin de semana, para que os participantes
poidan combinar a formación con outras actividades.