EA fará un videoxogo de G.I. Joe

martes, 12 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

No verán de 2009 a Paramount estreará unha película de animación baseada na franquicia de xoguetes de Hasbro G.I. Joe, que virá acompañada cun videoxogo baseado na mesma desenvolvido por Electronic Arts. Sumarase así ós moitos produtos inspirados na colección de figuras de acción, coma comics, series de televisión e varios videoxogos.
Baixo o mesmo acordo EA tamén está a traballar na adaptación electrónica de xogos coma o Scrabble, o Monopoly ou o Trivial Pursuit.

PUBLICIDADE