Detallan o DLC de Harley Quinn que recibirán os que reseven Batman Arkham Knight

xoves, 26 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Aínda que quedan varios meses para o lanzamento de Batman Arkham Knight, pouco a pouco vanse sabendo máis detalles deste prometedor xogo, como a trama dunha historia adicional que completará o xogo e que recibirán sen custo adicional os usuarios que reserven o título con antelación, e que nun adhesivo na caixa do xogo descríbese este contido descargable como a posibilidade de xogar con Harley Quinn, engadindo que tamén estarán dispoñibles 4 mapas de desafío exclusivos.
Grazas á ficha do xogo en Amazon sabemos agora que a aventura de Harley Quinn, que será a primeira ocasión na que podemos encarnar a tal personaxe na saga de Arkham, controlaremos á axudante do Joker nunha historia que a levará ao Departamento de Policía de Blüdhaven para rescatar á súa compañeiro Poison Ivy, para o que deberá facer uso dun bate de béisbol como arma.
Os usuarios de PlayStation 4 que reserven o xogo terán un contido adicional exclusivo protagonizado polo Espantallo (Scarecrow).

A caixa do xogo detalla os contidos descargables que recibiranse sen cargo adicional os usuarios que reserven o xogo

PUBLICIDADE