DOOM chegará a Nintendo Switch o 10 de novembro
luns, 16 de outubro do 2017
O mes pasado Nintendo
sorprendeu anunciando que Bethesda está a preparar versións para Switch de DOOM e Wolfenstein II: The New Order, pero resulta que estes
prometedores tÃtulos non se farán esperar moito, e confirman que esta versión portátil
do novo DOOM chegará o vindeiro 10 de
novembro.
Para dar conta desta data de lanzamento Nintendo publicou un vÃdeo no que Marty
Stratton e Hugo Martin de id Software falan desta nova produción que, sen ter o
nivel de detalle das versións para PC, PS4 e Xbox One, consegue un acabado máis
que digno, para o que tiveron que facer unha concesión: limitar a taxe de imaxes
por segundo a 30 en vez das 60 propias das consolas máis potentes.
En calquera caso, os seareiros dos xogos de acción en primeira persoa de seguro
que agradecerán o ritmo frenético da versión de Nintendo Switch, que permitirá gozar
do xogo en mobilidade, o que engade moito valor á consola, xa que asà pode
verse como unha máquina válida para correr xogos dirixidos a adultos, ampliando
asà o seu abano de público.
VÃdeo no que dan conta da data de lanzamento de DOOM para Nintendo Switch