China elimina as limitacións á venda de consolas de videoxogos

luns, 27 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Durante quince anos o Goberno chinés impuxo limitacións á fabricación e comercialización de consolas de videoxogos no seu territorio, por considerar que tiñan efectos perniciosos para o desenvolvemento dos cativos, e agora o ministro de Cultura do país asiático asegura que eliminan as limitacións impostas, de xeito que Sony, Nintendo e Microsoft poderán fabricar e vender a súas videoconsolas en toda China.
Esta medida espérase que sexa unha boa nova para os fabricantes, que terán así unha importante oportunidade de crecemento, aínda que terán que esforzarse para mudar os hábitos de xogo dos chineses, afeitos a xogar no ordenador e en dispositivos móbiles, en vez de diante do televisor (aínda que o mercado negro de consolas de videoxogos tamén tivo a súa importancia nos últimos anos).

PUBLICIDADE