Cancelan a versión para Stadia de Terraria por problemas con Google

luns, 8 de febreiro do 2021 Marcus Fernández

Calquera pode ter problemas coa súa conta de usuario nalgún dos máis populares servizos en liña, para padecer serios problemas á hora de recibir soporte para, por exemplo, recuperar unha conta roubada ou recibir explicacións ante un bloqueo realizado sen previo aviso, e o último en padecer unha situación semellante foi Andrew Spinks, fundador do estudio independente de videoxogos Re-Logic, quen leva 3 semanas sen poder acceder á súa conta de Google, situación que levoulle a reaccionar dun xeito drástico, que debería levar a que o xigante de Mountain View reflexionase sobre como está a tratar aos seus usuarios.
Spinks explicou que hai 3 semanas a súa conta de Google desactivouse, sen saber a causa, e procurou por todas as vías posibles resolver a situación, sen recibir ningunha solución. A situación para Spinks é dramática, xa que perdeu o acceso dende o seu móbil a milleiros de dólares en aplicacións adquiridas a través de Google Play, non ten acceso aos seus datos en Google Drive, non pode acceder á súa canle de YouTube e tampouco ten acceso á súa conta de correo electrónico de Gmail que vén usando dende hai 15 anos, situación que considera inaceptable, e que lévoulle a tomar medidas exemplares, xa que sabedor que non violou as condicións dos servizos de Google, e vendo o desprezo co que Google trata aos usuarios, decidiu que a súa compañía non traballará para ningunha das súas plataformas, ou sexa, que cancela o lanzamento do xogo Terraria para Stadia (que segundo certas filtracións estaba a piques de ver a luz).
Terraria é un dos xogos independentes máis reputados dos últimos anos, con versións para PC, Android, iOS, Xbox, PlayStation e Switch, acumulando máis de 30 millóns de copias vendidas, e que agora vai pasar á historia por empregarse como arma para denunciar o abandono que padecemos os usuarios por mor do deficiente servizo de atención ao cliente que ofrecen moitos servizos en liña.

PUBLICIDADE