Bruxelas permitiranos falar polo móbil a 3.000 de altitude
luns, 7 de abril do 2008
Boas novas para os usuarios de aeroliñas e de teléfonos móbiles: Bruxelas vén de autorizar o emprego destes aparellos nos voos e en situacións de ata 3.000 metros de altitude. Asà o fixo saber estes dÃas a Comisión Europea, que está a preparar un paquete de medidas máis amplo sobre o emprego dos terminais nos desprazamentos aéreos, segundo sinala o semanario Focus. A iniciativa, que se presentará case con toda seguridade esta semana, posibilitará un boa parte das funcións principais do móbil: conversas de voz, envÃo de mensaxes de texto e transmisión e recepción de datos, e non só nos voos nacionais senón tamén nos que inclúan varios paÃses na súa traxectoria.
Con todo, haberá que ter coidado ó empregar o teléfono neste tipo de desprazamentos, principalmente polo custo que pode supoñer. É dicir: o feito de que Bruxelas autorice o seu uso non quere dicir que as operadoras incluÃse o uso dos servizos móbiles nas súas condicións de roaming. Dito doutro xeito: falar en altura, se non andamos con tino, pode achegar facturas en consonancia.
Con todo, cómpre sinalar que os primeiros pasos nesta liña de maior permisividade no emprego de terminais nos avións xa foron dados por algunhas compañÃas, como por exemplo Air France, que xa ten anunciado a opción de usar o móbil nun número concreto de desprazamentos por Europa do Airbus A318. Seguidamente, outras firmas como BMI ou Ryanair moveron ficha no mesmo sentido.
Noutra orde de cousas e dentro das medidas anunciadas pola UE en Focus, inclúese a fin da prohibición de promover na Rede e noutras canles os medicamentos que precisen de prescrición médica. No que si que non se ergue o veto é na publicidade destes produtos vÃa telefónica e do correo electrónico.
