Beyond: Dos Almas sae á venda en España

mércores, 9 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Tras unha longa espera, o thriller psicolóxico interactivo dos creadores de Heavy Rain que está protagonizado polos actores Ellen Page e Willem Dafoe, e que é exclusivo para PlayStation 3, chega hoxe ao mercado europeo, polo que xa podemos mercar tanto en formato descargable como en tendas físicas Beyond: Dos Almas, xogo no que viviremos a vida da moza Jodie Holmes, que destaca por ter poderes sobrenaturais grazas a un vencello psíquico con un ente invisible (Aiden).

JPEG - 55.4 KB
Willem Dafoe é un dos actores que pon cara a este xogo

A aventura permitirá experimentar os momentos máis dramáticos da vida da moza durante 15 anos, partindo da súa infancia e chegando a cando se converte nunha axente da CIA, enfrontándose a grandes desafíos nos que as decisións do xogador irán moldeando a historia.
Este traballo de Quantic Dreams, que contou con David Cage ao cargo da dirección e do guión, non só foi un dos principais anuncios na entrega de 2012 da feira E3, senón que a primeiros de ano incluso chegou a formar parte da sección oficial do Festival de Cine de Tribecca, deixando claro que esta creación pon a proba os límites entre o videoxogo e o cine.

JPEG - 58.2 KB
Aiden achegará o elemento sobrenatural a esta historia


Trailer de lanzamento de Beyond: Dos Almas

PUBLICIDADE