Batman Arkham Origins estrea un episodio descargable xélido
martes, 22 de abril do 2014
Para facer menos longa a espera por Batman Arkham Knight, dende hoxe os compradores de Batman Arkham Origins poden ampliar a
experiencia do anterior xogo da franquÃa cun novo capÃtulo descargable titulado
Corazón Gélido, que está xa dispoñible por 9,99 euros para
Windows, Xbox
360 e PlayStation
3, sendo tamén posible a súa descarga a través do pase de tempada deste
xogo de Warner Bros. Interactive.
Esta historia devólvenos a Gotham para a celebración do Aninovo, cando o Mr.
Freeze secuestra ao director executivo de GothCorp, o que levará a Batman a
intervir, coñecendo no comiño a tráxica historia deste novo inimigo que é un
dos que acadou un maior recoñecemento do público tras a súa aparición en Batman Arkham City, converténdose no
inimigo máis completo de toda esta serie de xogos, de aà que non resultase moi
sorprendente que decidisen retomalo nesta aventura previa.
Este novo capÃtulo descargable ofrece horas de acción e numerosos contidos, que
van dende batarangs termoexplosivos ata un novo traxe apto para as baixas temperaturas
que provocan os ataques do novo rival do cabaleiro escuro.
- Batman empregará un traxe especial neste novo episodio das súas aventuras
Trailer de lanzamento de Batman Arkham Origins: Corazón Gélido