Band Hero estrea demo para Xbox 360

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A franquía de xogos musicais de Activision está lonxe de rematar, e agora o Guitar Hero amplía o seu abano de estilos cunha nova marca, Band Hero, non é outra cousa que unha versión do Guitar Hero 5 no que substitúen os temas roqueiros por cancións popeiras, o que xa podemos comprobar dende hoxe, pois o Bazar de Xbox LIVE estreou unha demo do xogo dispoñible para usuarios Gold, e que permite comprobar cómo será este xogo a través de 3 das súas cancións (dun catálogo bastante completo): Paralyzer de Finger Eleven, Walking on Sunshine de Katrina & The Waves e Picture to Burn de Taylor Swift.
Esta demo permite xogar en modo Partida en grupo (coa mecánica tradicional neste tipo de xogos) e A cantar (que casualiza o xogo converténdoo nun karaoke no que poden participar varios usuarios simultáneos).
Para o xogo definitivo para Xbox 360, PlayStation 3 e PlayStation 2 deberemos agardar ao 6 de novembro, mentres que os usuarios da Wii deberán agardar 6 días máis para poder velo nas tendas españolas.

PUBLICIDADE