As expansións de Grand Theft Auto chegarán en marzo a PC e PS3
venres, 29 de xaneiro do 2010
O xogo Grand Theft Auto IV gozou de fortes
vendas en boa medida por ser multi-plataforma, pero os seus contidos
descargables apareceran só para Xbox 360 (o primeiro en febreiro de 2009 e o
segundo en outubro do mesmo ano) e chegaron incluso a venderse recompilados
nunha caixa chamada Grand Theft Auto:
Episodes from Liberty City, que finalmente
sairá tamén para PC e PlayStation 3 o vindeiro 30 de marzo, o que
significarÃa que terÃa rematada a fiestra de exclusividade adquirida por parte
de Microsoft.
Os usuarios da PS3 tamén poderán descargar de xeito independente as 2
ampliacións descargables a través da PlayStation Network, de xeito que o xogo
en caixa custará 39,99 euros, mentres que cada un dos seus contidos
descargables custarán 19,99 euros, aÃnda que haberÃa que precisar que para
xogar ás descargar independentes é preciso contar co GTA IV, mentres que a edición de caixa xa inclúe o núcleo de tal
xogo incorporado, simplificando asà o sistema empregado para gozar deste
tÃtulo.