Anuncian os xogos que incluirán PS Plus e Games with Gold en setembro
xoves, 28 de agosto do 2014
- Joe Danger para PS Vita é un dos xogos que en setembro incluirá PS Plus
Sony e
Microsoft anunciaron estes dÃas os xogos que ofrecerán de balde durante o mes de
setembro para os usuarios dos seus servizos Premium para as súas consolas, resultando
todo un contraste a situación entre ambas compañÃas, xa que Microsoft leva un
tempo mellorando os tÃtulos que ofrece aos usuarios de Xbox LIVE Gold para estar
á altura de PlayStation Plus, pero agora vemos como a oferta de Sony cae
estrepitosamente en calidade, dando a entender que o nivel dos últimos meses
non podÃa manterse a longo prazo.
Os xogos
que os usuarios de consolas PlayStation recibirán en setembro serán o shoot’em up Velocity 2X e o tÃtulo multi-xogador local Sportsfriends
para PlayStation 4, o criticado PlayStation
Allstars Battle Royale (considerado unha mala copia da franquÃa Smash Bros. de Nintendo) e o xogo de
acción e estratexia Hoard
para PlayStation 3 e o psicodélico TxK
e Joe Danger para PS Vita. Unha
selección de videoxogos moi pouco destacable, xa que practicamente ningún dos
mesmos foi un éxito de vendas.
- O usuarios Gold de Xbox LIVE poderán descargar de balde en setembro o supervendas Halo: Reach
Mellor parece a escolma
que fai Microsoft para os usuarios de pagamento de Xbox LIVE, que en
setembro poderán gozar de Super
Time Force (valorado en 14,99 euros) e Crimson
Dragon (valorado en 19,99 euros) para Xbox One e Monaco:
What’s Yours is Mine (valorado en 14,39 euros) e Halo:
Reach (valorado en 24,99 euros) para Xbox 360, polo que cando menos un
dos xogos de cada plataforma son realmente destacables.
VÃdeo de presentación dos xogos incluÃdos en PlayStation Plus en setembro