Angry Birds Rio estréase na App Store con numerosas novidades
luns, 21 de marzo do 2011
Adiantándose
á estrea de Rio, o xogo que mestura o
universo dos paxaros anoxados de Rovio co da pelÃcula da 20th Century Fox xa está dispoñible na App Store, de xeito que xa é unha realidade esta primeira entrega
que inclúe 2 episodios do xogo con 60 niveis e numerosas sorpresas.
O xogo, pese a conservar a mecánica de Angry
Birds e Angry Birds Seasons, ten
unha diferenza significativa: os inimigos non son os malvados porcos verdes que
secuestran os ovos dos nosos paxaros, senón que nun primeiro episodio (Smuggler’s Den) deberemos rachar gaiolas
nas que hai paxaros atrapados (para asà liberalos) e no segundo episodio (Jungle Escape)deberemos rematar cos
macacos que poboan os distintos niveis, coa sorpresa de rematar o episodio cun inimigo final (algo inédito nesta
franquÃa).
AÃnda que 60 niveis poden parecer poucos, os responsables do xogo xa teñen
programados novos episodios para os meses de maio, xullo, outubro e novembro,
facendo que a relación prezo/diversión no xogo resulte ridÃculo comparándoo ao
resto de videoxogos que hai no mercado (lembremos que estamos ante un tÃtulo que véndese a 0,79 euros).
- No segundo episodio do xogo haberá que derrotar a numerosos macacos e a un inimigo final