Amosan cómo será graficamente The Beatles Rock Band

luns, 1 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando a celebración da feira E3, o xogo The Beatles Rock Band amosouse ao público durante a presentación de Microsoft, nun evento no que fixeron acto de presenza Paul McCarteny e Ringo Starr, e no que tamén púidose ver cómo será o xogo en acción.
O xogo sairá o 9 de setembro para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii, contará con instrumentos feitos especificamente para este título (aínda que será compatible cos periféricos de xogos anteriores) e o seu repertorio musical tamén poderá ampliarse mediante descargas, destinándose os beneficios do tema All You Need Is Love a Médicos Sen Fronteiras.


Así será o xogo dos Beatles, no que aparecerá a formación en distintas etapas da súa carreira

PUBLICIDADE