Amosan a interface de uso da futura PlayStation 5

xoves, 15 de outubro do 2020 Marcus Fernández

A preto dun mes do lanzamento da PlayStation 5 por fin deixan ver como será a interface de uso da nova consola de Sony, que busca ofrecer unha experiencia máis inmersiva, cunha conexión máis directa dos xogos e sen esquecer á comunidade.
Unha das funcións máis destacadas é o novo centro de control, que permite acceder de xeito inmediato a case todo o preciso do sistema con só premer unha vez o botón PlayStation do mando DualSense e sen saír do xogo en curso.
Tamén engadiron a función Actividades, na que preséntanse elementos chave da mecánica do xogo a través de tarxetas que aparecen no centro de control e axudan a descubrir as novas oportunidades do xogo e, nalgunhas ocasións, amosaranse no modo imaxe en imaxe para que non sexa preciso saír do xogo para a súa consulta.
A nova interface permite mudar de xogo e entrar en partidas en liña rapidamente, pasando toda a pila de software da consola á rede para ofrecer unha experiencia centrada nos xogos ao reducir as interaccións co sistema.

Vídeo no que podemos ver detalladamente como será a interface de uso da PlayStation 5

PUBLICIDADE