Adaptan Ghosts’n Goblins ao iPhone
mércores, 11 de novembro do 2009
En 1985 Capcom
lanzou un xogo de plataformas para máquinas recreativas no que un cabaleiro con
armadura tiña que enfrontarse a mortos viventes, plantas carnÃvoras, gárgolas e
moitos outros monstros, colectando un éxito tal que foi adaptado a múltiples
plataformas nos seguintes anos (dende equipos coma o ZX Spectrum ata a Game Boy
Advance), e agora rexurde para o iPhone e iPod Touch co tÃtulo de Ghosts’n Goblins Gold Knights. Esta
adaptación véndese
a través da App Store por 2,39 euros (oferta de lanzamento en vigor
ata o 23 de novembro) e permite elixir entre os personaxes Arthur ou Lancelot (personaxe
novo que engade diversidade cun estilo de xogo propio), cos que percorrer 6
fases ao rescate de damas desaparecidas e na procura do segredo da volta dos
demos ao mundo.
Como armas empregaranse a espada, a lanza, a frecha e a machada (potenciables
mediante maxia), e aÃnda que a mecánica do xogo parece inmutable, os gráficos
actualizáronse e incluso contemplan a posibilidade de mellorar o xogo mediante
contido descargable.
Este novo Ghosts’n Goblins está
parcialmente traducido ao español, e contrólase con mandos virtuais en
pantalla, de aà que reducisen considerablemente o seu nivel de dificultade para
que o seu uso coa pantalla táctil non fixese imposible superar os distintos
niveis do xogo, que cómpre destacar que non son iguais aos do tÃtulo orixinal
(aÃnda que si están claramente inspirados nos mesmos). Sen dúbida, unha compra
moi atractiva para os nostálxicos, aÃnda que a súa xogabilidade non sexa boa nesta entrega.