Á venda Mario Sports Mix para Wii
venres, 28 de xaneiro do 2011
O
catálogo de videoxogos para Wii dispoñible en España vén de medrar nunha das
súa categorías máis prolíficas, a dos videoxogos de Mario, coa chegada
ás tendas de Mario Sports Mix, un
título que ofrece desafíos e competitividade en 4 deportes distintos, de xeito
que poderemos xogar cos amigos ao baloncesto, o voleibol, o hóckey e o balón
prisioneiro, para o que podemos crear equipos coas figuras máis icónicas de Nintedo
(Mario, Luigi, Wario, Bowser, Yoshi, Toad, Donkey Kong…), estrelas de Square
Enix (Ninja, Maga branca, Mago negro, Moguri…) ou personaxes Mii.
Mario
Sports Mix permitirá celebrar partidos de 2 contra 2, con distintos
modos de xogo e un sinxelo sistema de control que converte a este xogo para Wii
nun produto moi axeitado para toda a familia.
Trailer de Mario Sports Mix