A segunda entrega do Geometry Wars Reto Evolved sae á luz este verán
mércores, 16 de xullo do 2008
Activision Publising e Microsoft
veñen de anunciar hoxe o agardado Geometry Wars:
Retro Evolved 2
para Xbox LIVE Arcade, un videoxogo de “gran éxito” (en
verbas dos seus responsables) que traslada ó xogador a un emocionante
viaxe por seis modos diferentes de xogo.
O Geometry Wars, que
sairá este verán ao mercado mediante o servizo de descargas de Xbox
LIVE Arcade, ten unha cualificación para tódolos públicos (segundo
PEGI) e ofrece as mesmas batallas e os gráficos que fixeron famosa
á versión orixinal, máis desta volta, cunha nova banda sonora e modos
multixogador que permiten tanto xogar en cooperatividade como de xeito
enfrontado a un máximo de catro xogadores.