A editorial Xerais estréase en Twitter
luns, 23 de marzo do 2009
O uso das
ferramentas que achega a Rede ás empresas tradicionais non é moi habitual, pero
en Galicia temos un claro exemplo de aproveitamento da Internet na editorial
Xerais de Galicia, que non só conta cunha páxina
web, un blog oficial, un espazo de seu en
Facebook e, dende hoxe, unha conta en
Twitter, que pretende axudar a consolidar a presenza da editorial nas redes
sociais, buscando a participación dos seus lectores.
Esta nova iniciativa de Xerais anunciouna o seu director, Manuel Bragado, tanto
no seu
blogue como en
Twitter, quedando constancia de que predicar co exemplo é o mellor xeito de
promover o uso das novas tecnoloxÃas que están a cambiar o xeito de ver a Rede
e as relacións interpersoais.