A Xbox One poderá compartir vídeos en YouTube a partir de mañá

luns, 7 de abril do 2014 Marcus Fernández

As consolas de videoxogos de Microsoft están a renovas as súas aplicacións de vídeo, e a partir de mañá veremos como a Xbox One muda a súa aplicación de YouTube para incorporar as opcións de gravar e subir partidas xogadas na consola ao servizos de vídeo de Google, facilitando a súa distribución a través da Internet, podendo incluso editar os cortes de vídeo no Upload Studio. A aplicación de YouTube tamén incorpora a posibilidade de funcionar a pantalla partida, a posibilidade de gañar logros e incluso leva as canles de YouTube a OneGuide (para axilizar o acceso aos contidos de YouTube).
No caso da Xbox 360 temos que tamén mañá vai comezar a recibir a aplicación oficial de GoPro Channel, que permitirá aos subscritores de Xbox LIVE Gold acceder a impresionantes vídeos gravados coas populares cámaras deportivas, podendo acceder en primicia a moito dese material dende a pantalla do televisor conectado á súa consola. A aplicación chegará a Xbox One no verán.


Vídeo promocional da nova aplicación de GoPro para Xbox 360

PUBLICIDADE