A Wii terá sucesora en 2012
luns, 25 de abril do 2011
- Imaxe filtrada do que poderÃa ser a sucesora da Wii
Como
aconteceu coa Nintendo 3DS, temos que a compañÃa nipona de videoxogos volve a
confirmar o lanzamento dunha nova consola nun informe financeiro en vez de
aproveitar un evento formal e asÃ, tras publicar os resultados financeiros
de 2010, nos que rexistraron unha caÃda de beneficios do 66%, engadiron que
verá un novo produto para 2012 (máis aló do
seu primeiro trimestre), que serÃa a sucesora da Wii, consola que vendeu
86,01 millóns de unidades dende o seu lanzamento en 2006, polo que ten
dificultades para manter o seu ritmo de vendas (xa que está presente en case
todos os fogares aos que irÃa destinado o produto).
Agárdase que a nova Wii vexa a luz no E3 que terá lugar en Los Angeles a
primeiros de xuño, confirmándose os rumores das últimas semanas, entre os que
se apunta non só o futuro nome da consola (Nintendo Stream, froito do Project Café)
senón tamén caracterÃsticas como que soportarÃa
alta definición a 1.080p grazas a un
potente procesador GPU AMD R700, terÃa unha potencia superior ás actuais
Xbox 360 e PlayStation 3, o seu mando poderÃa integrar unha pantalla táctil e
aÃnda que estarÃa preparada para as 3D, non serÃa unha prestación chave como na
Nintendo 3DS (pola reducida presenza nos televisores 3D nos fogares).
De todos os xeitos hai que admitir que os resultados financeiros de Nintendo
eran previsibles, e agárdase unha importante mellora durante o presente ano
grazas ao lanzamento da súa nova consola portátil, que axudará a revitalizar o
sector e, de feito, Nintendo continuará centrando os seus esforzos en achegar
un sólido catálogo de xogos á 3DS, entre os que estarÃan grandes xogos como un
novo Mario Kart.
Shigeru Miyamoto tamén vén de participar nun evento para a prensa en Londres,
onde asegurou que o Super Mario 3DS
será un xogo que mesturará
elementos de Super Mario Galexy e Super Mario 64, no que parece que
será un éxito seguro e poderÃa estar rematado este mesmo ano. Tamén teremos que
agardar ao E3 para saber máis dos novos xogos de Mario.